Máis da metade dos participantes dos itinerarios FSE acadaron emprego en 2025

Vilarello da Cota: Tecendo redes de vida contra a soidade rural  
08/01/2026
Mostrar todo

Máis da metade dos participantes dos itinerarios FSE acadaron emprego en 2025

RESULTADOS POSITIVOS NOS ITINERARIOS FSE+ LEVADOS A CABO EN PORTAS ABERTAS

CDR Portas Abertas continúa a súa firme aposta pola revitalización do medio rural e a loita contra a exclusión social. No marco do Programa Estatal FSE+ de inclusión social, garantía infantil e loita contra a pobreza, (2021es05sfpr003), a entidade desenvolveu con éxito dous proxectos de Itinerarios integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social, acadando resultados moi positivos tanto en formación como en inserción laboral. Os itinerarios son gratuítos, están coordinados por COCEDER e están cofinanciados pola Unión Europea.

Un dos proxectos, quese desenvolveu durante todo o 2025, contou coa participación de 33 persoas e o impacto reflexase directamente na mellora da empregabilidade na nosa comarca. 

Segundo os datos finais:

  • O 36% dos participantes obtiveron unha cualificación profesional.
  • 36% logrou incorporarse ao mercado laboral grazas a un novo emprego.
  • Un 12% conseguiu manter o seu posto de traballo, consolidando a súa estabilidade.

Contou cunha formación en Poda, poda en verde e traballos de bodega e ademáis, realizáronse máis de 25 actuacións de intermediación con empresas e organismos locais, fortalecendo o traballo en rede e o coñecemento do mercado laboral local.

O perfil dos participantes foi diverso, incluíndo dende persoas desempregadas e/ou de orixe extranxeiro ata persoas mozas menores de 18 anos, maiores de 55, persoas con discapacidade e/ou residentes en zonas rurais escasamente poboadas.

Este proxecto foi cofinanciado pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no medio rural con cargo á asignación tributaria do 0,7% do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas e o Imposto de sociedades, xestionado pola Consellería de Política Social e Igualdade.

O segundo dos proxectos desenvolveuse entre os meses de xaneiro e outubro de 2025, impartiuse unha formación de Traballos básicos de construción e participaron 38 persoas. Tamén tivo uns resultados moi positivos, xa que máis da metade obtiveron un emprego (o 55%). Ademáis: 

  • O 26% dos participantes obtiveron unha cualificación profesional.
  • O 5% integrouse no sistema educativo
  • O 16% agora busca emprego de forma activa

Realizáronse máis de 20 actuacións de intermediación e prospección, así como numerosos contactos para potenciar o traballo en rede.

Este outro proxecto foi cofinanciado polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible en España dentro do proxecto “Vivenda rural. Proxectos Pilotos para a súa liberación e rehabilitación»

Ir al contenido