

Nos últimos meses, a aldea de Vilarello da Cota, no Concello de Vilardevós, converteuse nun exemplo de como o traballo comunitario pode transformar a realidade do rural. A través do programa Comunidades Inclusivas, desenvolto polo CDR Portas Abertas, puxéronse en marcha diversas actividades co obxectivo de combater a soidade e mellorar a calidade de vida dos veciños e veciñas.
Realizaronse entrevistas a comunidade de Vilarello para coñecer a súa opinión sobre o lugar, o grao de inclusión comunitaria, e a rede de coidados existentes. Tras analizar estos datos, traballamos cun grupo de persoas e dende o coñecemento profundo do territorio que outorgan máis de 30 anos de traballo, e ca colaboración da veciñanza, o CDR Portas Abertas promoveu espazos de encontro onde reunirse entorno a actividades como un magosto popular, ou o samain, e a decoración de nadal onde a veciñanza traballou de forma conxunta para levar a cabo estas actividades. Sen esquecernos dos obradoiros de manualidades ou estimulación cognitiva, que máis alá da creación artística, funcionan como puntos de reunión onde compartir historias mentres se traballa coas mans, fomentando a psicomotricidade e, sobre todo, o benestar emocional.
Esta actividade enmárcase dentro do proxecto de innovación social «Comunidades inclusivas: solucións innovadoras de coidado e apoio no medio rural», financiado polo Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa estatal do Fondo Social Europeo Plus (FSE+) Inclusión social, garantía infantil e xuvenil e loita contra a pobreza, impulsado por Coceder e cofinanciado pola Unión Europea e a Fundación Espadaña.






Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.