


Texto: O CDR Portas Abertas desenvolveu durante os últimos meses un intenso traballo, tecendo redes xunto ás comunidades co obxectivo de crear unha gran rede de aprendizaxe que sitúa a vida no rural no seu centro.
A iniciativa, orientada a fortalecer a identidade e o arraigamento da mocidade no seu contorno, materializouse a través de diversas actividades prácticas. Estas accións puxeron en marcha proxectos concretos e relevantes para o sostemento da vida nas aldeas, como agricultura sostible, conservación do medio ambiente, aprendizaxe de oficios e saberes artesanais.
Mediante a participación nestes proxectos, Portas Abertas busca que a mocidade reforce os seus vínculos co rural e perciba o seu potencial de futuro.

A actividade contou coa valiosa participación de diversas entidades e centros educativos, fundamentais para a creación desta rede de coñecemento e aprendizaxe: o CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós, o CEIP Vicente Risco de Cualedro, o CEIP Plurilingue de Oimbra, Antonio Luis Álvarez (cesteiro de Rexosende); Bodegas Triay as empresas apícolas Sabia Magica e A orixe.
Esta rede de coñecemento e acción enmárcase dentro do programa “Xeración de coñecemento en educación rural: Rede de Educación para o futuro rural”.
Este programa é promovido pola Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural (COCEDER) e foi posible grazas ao financiamento do Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030. Os fondos proceden dos programas de interese social con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.