


Neste Día Internacional das Persoas con Discapacidade, o 3 de decembro, dende Portas Abertas cremos firmemente que o potencial e a capacidade das persoas non teñen límites. A nosa misión é transcender a aceptación superficial e traballar activamente na construción dunha sociedade verdadeiramente inclusiva, onde cada voz conte e cada persoa teña a capacidade real de decidir e transformar.
Promover a inclusión non é só aceptar a diversidade; é garantir que todas as persoas teñan o mesmo poder para actuar e ser escoitadas.
Non abonda con ter un sitio na mesa; o noso obxectivo é asegurar que esa presenza se traduza en ser unha persoa escoitada e con influencia.
Para facer realidade este compromiso, desenvolvemos tres programas centrais que abordan diferentes eixes de traballo e transformación social:
Estes programas están financiados pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.