Portas Abertas apoia ás familias a través do programa Concilia Rural

O programa ‘Benestar no Rural’ impulsa a saúde integral de coidadoras e persoas con diversidade funcional
24/10/2025
Mostrar todo

Portas Abertas apoia ás familias a través do programa Concilia Rural

Portas Abertas continúa coa implementación dos seus programas de conciliación familiar en dous centros educativos da comarca: o CEIP Vicente Risco de Cualedro e o CEIP Rodolfo Núñez Vilardevós.

Estes programas están deseñados para ofrecer un servizo de apoio ás familias que precisan cobertura para o coidado dos seus fillos e fillas durante as mañás ou as tardes.

Se precisa axuda coa conciliación ou desexa obter máis detalles sobre horarios e dispoñibilidade, pode contactar por teléfono ou visitar as oficinas de Portas Abertas en Verín e Vilardevós para recibir máis información.

O programa Ⲥoncilia Rural está financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.

Ir al contenido