A ONG Portas Abertas fai un chamamento ás empresas do rural que precisen persoal con formación específica. Coa vista posta no ano 2026, a entidade está a programar novas accións formativas e quere contar coas demandas do tecido empresarial para deseñar cursos que respondan ás necesidades reais do mercado laboral. As empresas interesadas en participar neste deseño de formacións poden contactar coa ONG.
Esta iniciativa enmárcase nos Itinerarios Integrais contra o despoboamento rural e a inclusión social, proxecto concedido a Coceder (Confederación de Centros de Desenvolvemento Rural). Os itinerarios son totalmente gratuítos e están cofinanciados pola Unión Europea e polo Ministerio de Derechos Sociales, Consumo y Agenda 2030, no marco do Programa estatal FSE+ de inserción social, garantía infantil e loita contra a pobreza (2021es05sfpr003).
Estas accións tamén forman parte do proxecto “Vivenda rural. Proxectos Pilotos para a súa liberación e rehabilitación”, enfocado na promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible en España.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.