Despois dos devastadores incendios que asolaron a comarca de Verín, o CDR Portas Abertas, en colaboración ca Xunta de Montes o Concello de Cualedro, puxo en marcha o pasado 15 de setembro unha iniciativa de sensibilización e restauración ambiental que une esforzos interxeracionais.
A xornada comezou cunha charla no CEIP Vicente Risco de Cualedro, á que asistiron alumnos e alumnas, pais, nais e mulleres das asociacións locais. A sesión contou coa participación de autoridades e, de forma moi especial, coa intervención dun bombeiro forestal da BRIF Laza, Carlos Palomanes, que compartiu coa audiencia a súa experiencia e o arduo traballo na prevención e extinción dos incendios. Tamén participaron axentes ambientais da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras.
Posteriormente, o alumnado do CEIP Vicente Risco e do CEIP Medeiros, xunto coas súas familias e as asociacións de mulleres da zona, trasladáronse a un terreo calcinado situado preto do estadio de fútbol e dos depósitos de auga de Cualedro, donde os nenos e nenas aprenderon, de forma práctica, a mitigar os efectos do lume.
Os participantes espallaron pacas de herba polo chan para combater a erosión e colocaron comedeiros para os animais silvestres, ofrecendo un primeiro paso para a recuperación da fauna local.
Esta acción conxunta subliña o compromiso de toda a comunidade con un futuro máis verde e seguro, demostrando que a concienciación e o traballo en equipo son as ferramentas máis poderosas para protexer o noso patrimonio natural.
A acción, enmarcada nos programas de “Voluntariado Ambiental: coñecer, conservar e mellorar a nosa contorna” e “Implícate na túa comunidade”, financiados pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á xuventude e ao voluntariado, con cargo á asignación tributariado 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2024.
O próximo luns 29 de setembro terá lugar a segunda das accions de prevención tralos incendios, neste caso no CEIP de Medeiros.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.