Preséntanse os resultados da investigación sobre racismo estrutural no ámbito rural

BENESTAR RURAL: Un proxecto para o coidado integral no rural da Comarca de Verín
05/08/2025
Mostrar todo

Preséntanse os resultados da investigación sobre racismo estrutural no ámbito rural

O vindeiro venres 19 de setembro terá lugar a presentación do estudo sobre «Racismo estrutural no ámbito rural: unha análise sociolóxica das súas dinámicas e consecuencias»

COCEDER realiza este programa de ámbito estatal financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Dende o pasado mes de abril desenvolveuse unha primeira fase cuantitativa de investigación sobre a poboación obxecto de estudo en cada comarca (Bierzo en León, Carrión de los Condes e a comarca do baixo Carrión e Ucieza en Palencia, Verín en Ourense, Alt Maestrat en Castellón e La Safor en Valencia).

Os resultados do estudo desenvolto na comarca de Verín presentaranse o próximo venres 19 de setembro, ás 12:00 h na oficina de Portas Abertas en Verín (Avda de Laza 42).

Ir al contenido