O CDR Portas Abertas detectaunha necesidade latente e de gran importancia no medio rural: a falta de actividades e de apoio para persoas con discapacidade, enfermidade crónica e, en particular, para as persoas coidadoras. Con base nisto, continúa o programa BENESTAR RURAL, financiado un ano máis pola Deputación de Ourense.
Este programa nace coa clara vocación de mitigar a sensación de soidade e afastamento que moitas veces se vive no rural. A metodoloxía está deseñada para intervir directamente na mellora da saúde emocional, o benestar físico e psíquico, o crecemento persoal e o fomento das relacións interpersoais das persoas participantes.
Ademais, conscientes de que o camiño de moitas persoas coidadoras é dobremente complexo, xa que nalgúns casos tamén son persoas con discapacidade, o proxecto inclúe un apoio específico para elas, así como para a xestión de tarefas da vida diaria.
Con BENESTAR RURAL, o obxectivo é claro: mellorar a calidade de vida das persoas con discapacidade ou enfermidade crónica e das súas coidadoras na comarca de Verín, proporcionando un apoio integral e personalizado.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.