Gracias a este programa de COCEDER logrouse o asentamento de 1.075 persoas, co asesoramento gratuito da entidade e dos centros de desenvolvemento rural asociados. En total, son 490 novas familias establecidas no medio rural. Do total de persoas asentadas, o 26% son menores de 18 anos e case o 54% mulleres (576).
A plataforma de COCEDER volveralpueblo.org facilita a búsqueda de vivendas, terreos e ofertas de emprego e negocios, exercendo de intermediarios entre as persoas interesadas en vivir nas aldeas e os recursos dispoñibles, que xestionan os centros nos territorios asociados. Na actualidade esta web ofrece 211 empregos, 580 vivendas, 184 negocios e 145 terreos.
¿Onde queren establecerse?
Os principais destinos son Ávila (17%), Oviedo (15,70%) e Ourense (14%) seguido de Cuenca (10%). En realidade, lidera a comunidade de Castela e León (36,56%), Asturias (15,70%), Galicia (15’48%) e Castela a Mancha (10,32%). ¿E de onde proceden? As consultas reflexan que veñen de cidades como Madrid e Barcelona, principalmente, e do Principado de Asturias. A nivel internacional, proceden de máis de 70 países, destacando Cuba, Colombia e Arxentina.
No ano 2018-2019 COCEDER lanzou esta plataforma gracias ao programa de sensibilización contra a despoboación rural, financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, e dende entonces recibiu 14.483 solicitudes. O ano que máis persoas conseguiron asentarse foi o 2023 con 335 (141 familias). No que vai de ano 2025 xa superamos as 27 persoas instaladas. O perfil son familias que buscan un cambio, emprendedoras ou persoas que queren recuperar as súas raíces nas aldeas dos seus ascendentes.
En COCEDER realízase unha atención integral á familia e un acompañamento e apoio durante todo o proceso, dende a búsqueda, a integración e un seguimento posterior. Por iso, o papel dos centros asociados é fundamental, xa que coñecen o terreo e son entidades referentes no medio rural con máis de 30 anos de experiencia.
O programa de sensibilización e concienciación sobre a despoboación e a necesidade de emprendemento rural no medio rural, impulsado por COCEDER, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF e o Programa vivenda rural, proxectos piloto para a súa liberación e rehabilitación está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de España.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.