Primeiro encontro Comunidades Inclusivas

O programa Comunidades Inclusivas comeza en Vilarello
19/05/2025
Formación de Traballos básicos da Construción
29/05/2025
Mostrar todo

Primeiro encontro Comunidades Inclusivas

O dia 22 de Maio tivo lugar no albergue de Vilarello a primeira reunión coa comunidade do proxecto “Comunidades inclusivas soluciones innovadoras de cuidados y apoyo en el medio rural”.  

Este proxecto trata de dinamizar a comunidade de Vilarello e mellorar a vida das persoas  que viven alí. Busca que a propia comunidade preste apoio ás persoas que o necesiten, facendo que as persoas en risco de exclusión social sexan unha parte importante da comunidade.  E que a comunidade se vexa enriquecida pola aportación de estas mesmas persoas. 

Nesta primeira xornada a comunidade compartiu as súas inquedanzas e reflexións respecto á comunidade e fixemos un repaso pola historia de Vilarello e as festas que alí teñen lugar, como a noite das trastadas ou o Corpus Christi. Arredor dun café sairon recordos das falcatruadas que se fixeran ou dos entroidos pasados. Tamén de cando chegou a luz, a canalización da auga e o teléfono ao seu pobo. Nas seguintes sesións continuarase coa historia da comunidade e con ferramentas para levar a cabo o proxecto. 

Este programa está desenvolto por COCEDER a través do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza, cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación Espadaña.

Ir al contenido