COMUNIDADES INCLUSIVAS: SOLUCIÓNS INNOVADORAS DE COIDADO E APOIO NO MEDIO RURAL
Arranca esta iniciativa novidosa destinada a mellorar a vida das persoas vulnerables mediante accións de apoio á vida independente, inclusión na comunidade e apoio no exercicio dos seus dereitos.
A exclusión social é multicausal e no medio rural agrávase pola falta de acceso a recursos, servizos, dereitos e oportunidades das que outras persoas na sociedade gozan. Isto conleva un maior esforzo de coidados e apoios para as persoas afectadas e para o sostemento da vida nas nosas vilas.
O obxectivo deste proxecto é experimentar a través dunha metodoloxía de intervención innovadora a construción, rexeneración e mantemento de comunidades acolledoras, inclusivas e xeradoras de apoios e coidados como instrumento clave de recuperación de vitalidade demográfica, económica e social, así como para favorecer a vertebración dos territorios e a cohesión social.
Este programa está desenvolvido por Coceder a través do Ministerio de Traballo e Economía Social no marco do Programa de Inclusión Social, Garantía Infantil e Loita contra a Pobreza (Prioridade 6), cofinanciado co Fondo Social Europeo Plus (FSE+) e a Fundación Espadaña.
Este sitio Web utiliza cookies propias y de terceros para analizar nuestros servicios y mostrarte publicidad relacionada con tus preferencias en base a tus hábitos de navegación. Al pulsar el botón aceptar nos da su consentimiento a nuestra política de cookies.