Abordando a problemática da vivenda baleira en Riós

O cambio das palabras muda a realidade
25/04/2025
Mostrar todo

Abordando a problemática da vivenda baleira en Riós

O xoves 24 de abril o CDR Portas Abertas levou a cabo unha sesión informativa no salón de actos do Concello de Riós para abordar a problemática da vivenda sen uso no ámbito rural. A charla, que tivo lugar ás 18:00 horas, centrouse en ofrecer información ás persoas interesadas en mobilizar as súas vivendas baleiras.

Durante o encontro, -ao que asistiron veciños, veciñas e tamén a alcaldesa de Riós, Eva Barrios-, presentáronse datos específicos do concello en relación á vivenda e exploráronse diversas vías para dar uso a aquelas propiedades que actualmente non están habitadas. Varias persoas asistentes mostraron interese no programa de Coceder e o CDR Portas Abertas, o que fai prever unha posible colaboración para abordar esta cuestión no municipio.

O programa de sensibilización e concienciación sobre o despoboamento e a necesidade de emprendemento no medio rural, impulsado por COCEDER, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF. Ademais, o programa de vivenda rural, proxectos piloto para a súa liberación e rehabilitación, está financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030 para a realización de actividades relacionadas coa promoción e implementación da Axenda 2030 para o Desenvolvemento Sostible de España.

Ir al contenido