Comeza a investigación sociolóxica sobre racismo estrutural no ámbito rural

Charla informativa sobre vivenda en Riós
21/04/2025
O cambio das palabras muda a realidade
25/04/2025
Mostrar todo

Comeza a investigación sociolóxica sobre racismo estrutural no ámbito rural

COCEDER comeza a realizar o programa denominado «Racismo estrutural no ámbito rural: unha análise sociolóxica das súas dinámicas e consecuencias» de ámbito estatal e financiado polo Ministerio de Dereitos Sociais, Consumo e Axenda 2030, dentro dos programas de interese social, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Este proxecto ten como obxecto a investigación sobre a percepción do racismo estrutural no ámbito rural, sendo a poboación obxectivo persoas racializadas e grupos poboacionais e étnicos de maior implantación nas nosas comarcas rurais, que poden chegar a sufrir discriminación. A intención da investigación é comprobar as especificidades da discriminación e o racismo estrutural no medio rural. Para iso desenvolverase unha primeira fase cuantitativa de investigación sobre a poboación obxecto de estudo en cada comarca onde se executará o proxecto. Estas son: a comarca do Bierzo en León, Carrión de los Condes e a comarca do baixo Carrión e Ucieza en Palencia, Verín en Ourense, Alt Maestrat en Castellón e La Safor en Valencia.

Despois, realizarase unha fase cualitativa que constará de dúas técnicas:

Entrevistas semiestruturadas a persoas cualificadas que traballan coa poboación migrante (policía, servizos sociais, servizos sanitarios, centros educativos…) e as persoas migrantes, para elaborar un breve mapa de perfís por cada zona. Grupos de discusión nos que se acabará de identificar os perfís que saian nas entrevistas. O programa ten unha duración dun ano, de xaneiro a decembro de 2025, e vaise executar en seis comarcas rurais cos CDR asociados de Afa Bierzo, Carrión de los Condes, Carrión y Ucieza, Portas Abertas, Alt Maestrat e La Safor. O proxecto vai estar dirixido polo sociólogo Daniel Castillejo, e o traballador social Jaume Escrivá.

Ir al contenido