Dende xaneiro de 2020 levamos a cabo a través de Coceder o programa Itinerarios Integrados contra a despoboación. Cada catro meses iniciamos un novo itinerario no que todas as persoas participantes reciben:
Trátase de accións gratuitas que se levarán a cabo na comarca de Verín entre os meses de setembro e decembro.
Se non está seguro/a de se cumples os requisitos ou cómo che pode ser útil o programa, contacta e veremos a túa situación particular.
Para inscribirse ou recibir máis información, hai que solicitar unha cita coa orientadora laboral do programa, chamando ó 988989508, enviando un whatsapp a ese mesmo número ou no local de Verín: Rúa Mariano Carrero, 10.
Sí, faise un itinerario personalizado con cada persoa, que contempla todas as actividades, sendo a acción de formación optativa en función da situación e o obxectivo da persoa.
Realízanse accións de orientación, nas que se analiza o perfil profesional da persoa participante, a súa empregabilidade e se deseña un plan de traballo e o coñecemento tanto do mercado laboral obxectivo como do perfil profesional dende o punto de vista competencial.
As accións de acompañamento permiten desenvolver competencias profesionales, dende a relacionadas coa busca de emprego ou o deseño do plan de emprendemento ata aquelas que a persoa precise para poder desenvolver o seu traballo obxectivo con éxito. Tamén realizamos intermediación laboral coas empresas do territorio facilitando o coñecemento entre as persoas participantes e as empresas que precisan persoal na nosa comarca.
As persoas que no seu plan de traballo contemplen accións de formación que realizamos neste itinerario poden participar nestes cursos que igual que o resto das accións son de balde:
Trátase dunha formación de 20 horas destinada a persoas que traballan ou buscan traballo no ámbito da restauración e hostalería, profesionais que buscan mellorar o seu perfil ampliando os seus coñecementos sobre viños galegos para poder dar un mellor servizo.
Nesta formación de 20 horas que será impartida pola Asociación de Celíacos de Galicia, as persoas participantes adquirirán coñecementos sobre os tipos de alérxenos, e cómo xestionalos no ámbito da hostalería e restauración.
Trátase dunha formación de 25 horas na que se desenvolven competencias relacionadas co uso da informática no ámbito do traballo: traballo colaborativo e ferramentas de traballo na nube, ofimática, redes sociais profesionais e blogs. Son coñecementos imprescindibles para traballar case en calquera ámbito e posto de traballo en plena era dixital.
Este programa lévase a cabo a través de Coceder e no marco do Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).