Programa Atención Integral a Persoas Maiores

Obxetivo:

Facilitar a permanencia das persoas maiores no seu entorno e domicilio, con unha maior calidade de vida a través de varias accións e prestando atención os/as principais coidadores/as.

Liñas de acción prioritarias:

  • Información, orientación e asesoramento para as persoas maiores e as súas familias.
  • Información e coordinación cos Servizos Sociais dos Concellos da Comarca, médicos de familia e traballadores/as sociais dos centros de saúde e do hospital de Verín.
  • Acompañamento aos anciáns que viven sós para realizar trámites administrativos, médicos, ...
  • Formación para coidadores/as de persoas maiores e /ou dependentes.
  • Terapia ocupacional no domicilio con persoas maiores e apoio ás familias.
  • Obradoiros de memoria.
  • Obradorios para mellorar as habilidades psicomotoras.
  • Actividades interxeracionais.