Itinerarios integrados contra a despoboación: orientación, acompañamento e formación en agricultura ecolóxica para o autoemprego

Memoria de actividades do 2020 no CDR Portas Abertas
14/04/2021
COMEZAMOS O CURSO DE ALFABETIZACIÓN BÁSICA II
02/06/2021
Mostrar todo

Itinerarios integrados contra a despoboación: orientación, acompañamento e formación en agricultura ecolóxica para o autoemprego

Entre o maio e agosto de 2021 lévase a cabo unha nova edición dos ITINERARIOS INTEGRADOS CONTRA A DESPOBOACIÓN NA COMARCA DE VERÍN no marca do programa POISES (Programa operativo de inclusión e economía social).

Nesta ocasión, as persoas participantes, ademais de participar nas accións de orientación laboral as accións de acomañamento e na formación transversal en «Sensibilización medioambiental e igualdade de oportunidades» poden participar na acción formativa «AGRICULTURA ECOLÓXICA PARA O AUTOEMPREGO.

Obxectivo Xeral:

Desenvolver itinerarios adaptados cada unha das zonas rurais, ás peculiaridades das persoas beneficiarias e aos condicionantes das zonas rurais deprimidas onde se vai a desenvolver o programa.

Os obxectivos específicos que se perseguen son:

  • Mellorar a inserción sociolaboral de persoas en situación e/ou risco de exclusión social. Promover a igualdade de oportunidades e a participación en igualdade de condicións no mercado laboral da poboación do medio rural, especialmente o da muller rural.
  • Propoñer orientacións en coordinación cos servizos de emprego e os Servizos Sociais e de igualdade, así como con axentes de cada unha das zonas de actuación.
  • Ofrecer ás persoas beneficiarias unhas medidas adaptadas específicas para que poidan participar nos itinerarios integrados de inserción social e laboral.
  • Promover o autoemprego e emprendemento no medio rural.
  • Fomentar mediante o asesoramento e acompañamento individualizado, a autonomía das persoas participantes e o seu compromiso no proceso de inserción social e laboral.

Programa Operativo de Inclusión Social e Economía Social (POISES-CCI2014ES05SFOP012), dentro do seu eixo para promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación e confinanciados pola Xunta de Galicia a través do Programa Integral de Intervención Comunitaria no Medio Rural (con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola Consellería con competencias en materia de política social).