Cando marcas a X solidaria na túa declaración da renda, estás contribuíndo a que moitas persoas poidan beneficiarse dos programas que realizamos nas entidades sociais. Queremos darche as grazas por facer este sinxelo xesto que cambia e mellora as vidas de tantas persoas. E para agradecercho, qué mellor que presentarche os programas que levaremos a cabo en 2021 no CDR Portas Abertas.
Estes programas desenvolvémolos no marco da Orde publicada o 11 de Septembro do presente ano pola que se se establecen as bases reguladoras e se convoca o procedemento para a concesión de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asignación tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas xestionado pola consellería con competencias en materia de política social da Xunta de Galicia.
A través destes programos chegamos ós diferentes grupos de poboación, facendo máis fincapé naqueles que se atopan en exclusión territorial e en risco de vulnerabilidade.
Se queres recibir máis información sobre algún destes programas podes escribirnos, facendo click aquí ou ben chamando á sede de Vilardevós 988417232 ou á sede de Verín 988989508
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.
Todas as cookies que non sexan especialmente necesarias para que o sitio web funcione e utilízase específicamente para recompilar datos persoais do usuario mediante analíticas, anuncios e outros contidos incrustados denomínanse cookies non necesarias. É obrigatorio obter o consentimento do usuario antes de executar estas cookies no seu sitio web.