CURSO 15 e 16 de outubro: Xestión económica e contable de empresas do medio rural

Itinerarios Integrados contra a despoboación. Orientación, acompañamento e formación en informática
15/09/2021
Mostrar todo

CURSO 15 e 16 de outubro: Xestión económica e contable de empresas do medio rural

Que aprenderás neste curso?

Realizamos este curso para que as persoas participantes adquirades coñecementos sobre xestión económica e contable, son coñecementos fundamentais para analizar unha idea de negocio ou iniciar unha actividade por conta propia no medio rural, principalmente no sector primario.

Os programa formativo é o seguinte:

  1. Principios básicos de economía da empresa agraria
  2. Fontes e custes de financiación privada e pública
  3. Estratexias para mellorar os ingresos e reducir os costes de explotación
  4. Gestión económica e financieira básica
  5. Práctica: determinación de custes de produción de cada explotación participante e análise do resultado

Quen pode asistir ao curso?

O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego, que teñan feito itinerarios anteriormente ou non, que teñan unha idea de negocio, ou que a teñan desenvolvida, tamén aquelas persoas que están a punto de iniciar a súa actividade por conta propia e que queren saber máis sobre xestión.

Cando e onde faremos o curso?

O venres 15 de outubro de 15:00 a 21:00 e o sábado 16 de outubro de 09:00 a 15:00.

Na sede de Vilardevós do CDR Portas Abertas: Xacinto Santiago, 23, Vilardevós (Ourense)

Ten custe o curso?

Trátase dunha acción gratuíta para as persoas participantes, xa que esta actividade é financiada polo Ministerio de Agricultura, Pesca e Alimentación, en colaboración con Portas Abertas e Coceder

Como inscribirse no curso?

Para ampliar información ou inscribirte no curso podes chamar á sede de Verín: 988 989508 (tamén vía whastapp) ou á sede de Vilardevós 988417232

Se o prefires podes enviarnos un correo electrónico indicándonos o teu nome e número de teléfono e falamos: rural@cdrportasabertas.org