No marco do programa de «Voluntariado Ambiental» O CDR Portas Abertas, desenvolve esta actividade de concienciación e formación sobre a reciclaxe, en colaboración co Concello de Verín.Esta actividade consta duns paneis informativos, que se distribuirán polos puntos de recollida de lixo e tamén polas redes sociais. Neles poderemos ver que elementos se poden reciclar, e cal colector sería o indicado.Entre todos, podemos conseguir que Verín sexa un referente na xestión de residuos, e aportar o noso graniño de area, para coidar do noso planeta.
Os paneis indican os residuos que se poden deixar en cada colector e cales non.
No iglú verde, botellas de vidro, tarros de alimentos e frascos de vidro, sempre sen tapón deben deixarse, mentres que obxectos de cristal non son adecuados para este punto de recollida.
Iglú verde
No colector azul, destinado a papel e cartón, non deixaremos aqueles residuos que estén manchados de aceite ou restos orgánicos, mentres que as caixas, papel de xornal, papel de uso diario ou de envolver atopan no colector azul o seu lugar.
Colector azul
O colector amarelo adoita ser un dos que máis dúbidas pode xerar, polo que neste cartel queda claro que os envases metálicos, envases tipo brik, e os envases de plástico poden ser reciclados logo de ser depositados no colector amarelo. Pola contra outros obxectos que van no colector amarelo, poden ter outra vida se se deixan nos puntos adecuados, como puntos sigre, puntos limpos ou mesmo pode ser o propio fabricante que retire os residuos como no caso das cápsulas de café.
Colector amarelo
Tes dúbidas sobre onde se recicla algún obxecto ou residuo? Podes contactar co CDR Portas Abertas ou preguntar na área de medioambiente no teu concello.
E recorda que para facer un planeta máis sostible sempre podes aplicar a norma das tres RRR:
Usamos cookies para mellorar a súa experiencia. Imos supoñer que está ben con isto, pero pode desactivar se o desexa. Configuración de cookiesACEPTAR
Política de privacidade e Cookies
Vista xeral de Privacidade
Este sitio web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia mentres navegas polo sitio web. Destas cookies, as cookies clasificadas como necesarias almacénanse no seu navegador xa que son esenciais para o funcionamento das funcionalidades básicas do sitio web. Tamén usamos cookies de terceiros que nos axudan a analizar e comprender como empregas este sitio web. Estas cookies gardaranse no seu navegador só co seu consentimento. Tamén tes a opción de desactivar estas cookies. Pero optar por algunha destas cookies pode ter un efecto na súa experiencia de navegación.
As cookies necesarias son absolutamente esenciais para que o sitio web funcione correctamente. Esta categoría inclúe só cookies que garanten funcionalidades básicas e funcións de seguridade do sitio web. Estas cookies non almacenan información persoal.